Exposición de esculturas e pinturas na Casa Gayoso de Portela co Camiño de Inverno como telón de fondo

27.02.18.- O artista berciano Lolo Zapico ten unha exposición onde as temáticas rurais e a súa relación co Camiño de Inverno  son as protagonistas.  Este traballo que xa estivo exposto no Castelo de Cornatel e no Museo da Enerxía de Ponferrada, chega agora á Vilamartín para quedarse dous meses. É unha actividade organizada coa colaboración do Concello de Vilamartín e a Asociación de Concellos do Camiño de Inverno.

Inauguración na Casa Gayoso de Portela

A exposición inaugurase este sábado, día 3 de marzo, ás 13 horas na Casa Gayoso e será unha boa oportunidade para visitar o traballo deste artista e ao mesmo tempo esta Casa Grande histórica. A familia puxo a disposición parte das instalacións para poder poñer en marcha esta actividade. A exposición estará aberta con horarios que se indicarán cada semana na porta do edificio. O Concello agradece á familia dona da Casa Gayoso a súa dispoñibilidade para colaborar con esta exposición. 

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.