As Festas de San Xurxo buscan quen as organice

12.02.20- As Festas patronais do San Xurxo en Vilamartín están pendentes de poder organizarse. A celebración que este ano será do 23 ao 26 de abril non ten nestes momentos comisión de festas que se faga cargo da súa xestión. O motivo é o cambio no sistema legal e tributario polo que as comisións teñen que estar legalmente constituídas para poder optar a subvencións e despois teñen que facer declaración do diñeiro adxudicado. Polo tanto agora para organizar un acto festivo público débese crear unha comisión de festas cun CIF (número de indentificación fiscal) e unha persoa xurídica responsable. Sen estes requisitos non é posible optar a axudas económicas como as que concede o concello de Vilamartín para estes temas.
Dende a concellería de Cultura informan que aquelas persoas ou entidades interesadas en facerse cargo da xestión baixo estas novas normas legais poden pasar pola casa do concello para recibir máis información. Dan de prazo ata o día 20 de febreiro senón terán que optar por outras ideas.

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.