28.08.18.- O río Sil e a zona de O Bañadoiro en Vilamartín serán este sábado protagonistas da cuarta edición Travesía a Nado de Valdeorras. Unha das súas probas forma parte do XIV Circuíto Galego de Augas Abertas.
Celebraranse tres carreiras, unha primeira popular pola mañá realizable por todos os niveis e todas as idades en augas do río Sil no Barco. As dúas probas máis longas e xa para expertos serán en Vilamartín con distancias de 2525 e 5050 metros.
As probas de expertos empezarán o sábado, día 20, ás 17 horas con saída desde a zona do Bañadoiro en Vilamartín. Os participantes no percorrido de 2525 metros nadarán en dirección á pasarela de Penouta e darán a volta para volver á zona de saída. Os da proba máis longa incluída no XIV Circuito Galego de Augas Abertas da Federación Galega de Natación realizarán o percorrido dúas veces.
O Concello de Vilamartín e varias empresas desta localidade forman parte desta actividade como patrocinadores.
Nestes enlaces hai máis información destas probas:
http://crono10.com/event/iv-travesia-a-nado-valdeorras/