Mellora do alumeado exterior e interior do Pavillón de Deportes

04.06.19.-O Concello de Vilamartin vai mellorar con fondos propios o alumeado exterior e interior do pavillón deportivo municipal que está no Bañadoiro. A concelleira de Deportes en funcións, Eva Arias, anunciou que xa chegaron as luminarias para poder instalalas nos próximos días. O proxecto que xa se fai realidade consta de 24 luces interiores de pista, das cales 4 delas están dotadas dun kit de emerxencia e para o resto das instalacións interiores outras 40 que funcionarán solo en momentos de emerxencia, situadas nos vestiarios, pasillos, etc. No caso do exterior contará con 8 luces e paneis informativos. As luminarias exteriores terán unha boa potencia para mellorar a luminosidade de noite de todo o espazo exterior que agora conta con pouca visibilidade.

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.