Mellora da rede de saneamento e augas pluviais en Portela

04.02.19.-As obras que se están facendo no pobo de Portela servirán para renovar a rede de saneamento e de recollida das augas pluviais en diferentes colectores. Os traballos custarán uns 100.000 euros dos cales 48.000 € veñen de Plans Provinciais da Deputación de Ourense e o resto aportarano dende o concello. O obxectivo é ter os pobos “no mellor estado posible para evitar que a xente marche deles. É unha teima deste equipo de goberno“ explica o rexedor, Rique Barreiro.

As obras terán unha duración duns dous meses e afectan solo ás rúas principais do pobo e despois, segundo explica o rexedor, con outras subvencións “faranse obras no resto dos viais da poboación”. Despois de cambiar os colectores xerais, as acometidas, as chaves de paso e a rede de recollida de augas pluviais procederase a cambiar o firme da estrada e as beirarrúas que serán axeitadas ao que especifica Patrimonio para este tipo de poboacións.

  

 

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.