O Concello abre prazo para seleccionar un albanel e un condutor de tractor desbrozadora

As bases poden consultarse na Sede Electrónica nesta mesma web municipal

19.05.20.- Está aberto durante esta semana o prazo para presentar no concello a documentación que se solicita para poder optar a cubrir un destes postos. As bases de selección atópanse publicadas na sede electrónica que está nesta páxina web municipal.
As dúas prazas de persoal temporal laboral son :
- 1 albanel
- 1 condutor de tractor con desbrozadora e outra maquinaria.
Hai cinco días hábiles para presentar a documentación. No caso do albanel rematan este venres, día 22, e para o condutor o luns día 25 de maio.

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.