Problemas de abastecemento en Vilamartín pola utilización indebida da auga de consumo humano

15.08.17.- O centro de Vilamartín leva dous días con problemas de abastecemento de auga pola utilización indebida da mesma. Os problemas empezaron na noite do domingo ao luns cando se baleiraron os dous depósitos e os veciños estiveron a mañá do luns sen abastecemento. O mesmo problema volveu pasar na noite do luns ao martes. Despois de comprobar que non hai avarías que causen o desperdicio da auga o grupo de goberno, axudado por moitos veciños, está empezando a vixiar onde se pode gastar indebidamente a auga para consumo humano.  Os problemas pola falta de abastecemento son unha prioridade do alcalde, Rique Barreiro e o seus compañeiros de goberno.  Hai un mes editouse un bando lembrando que a auga da traída é so para consumo humano e que non se pode usar para regadío e outros usos. A falta de auga pola seca está sendo un problema en algúns concellos da comarca. No caso de Vilamartín centro os problemas de momento están vindo por usos indebidos xa que un depósito cheo pode chegar a abastecer ata 3 días un consumo normal de auga para os veciños. As sancións por consumos fora do permitido poden chegar a cantidades moi importantes polo que se recomenda dende o concello ser responsable e non malgastar un ben común nun tempo con problemas como é este verán. 

 

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.