Satisfacción coas primeiras actividades do taller de envellecemento activo

04.05.18.- A Concellería de Asuntos Sociais de Vilamartín puxo en marcha esta semana un taller de envellecemento activo. Dez veciños participaron o luns e o xoves  nas primeiras actividades que dirixe a experta Iría Fernández García nas dependencias do edificio multiusos Vía Nova. A idea é que este taller teña continuidade ao longo de todo ano cun pequeno parón para as vacacións. Está enfocado para xente maior que vive sola e que con este taller pode distraerse, facer amizade e estar acompañado compartindo experiencias.  Nesta primeira experiencia o taller xa conta cunha lista de espera de 8 persoas e si continúa aumentando a demanda estudarase facer un segundo grupo.

A responsable da actividade, Iria Fernández, explica que de catro a cinco a media da tarde fan actividades que cambian cada media hora para facelo máis dinámico, “hai un pouco para todos os gustos dende expresión oral e escrita, manualidades e ximnasia”. As primeiras actividades desta semana foron moi positivas e os participantes “están contentos”, conta Iria Fernández que xa ten experiencia neste tipo de talleres que impartiu en varios pobos de Lugo.

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.