A II GAES Pilgrim Race, chegará a Vilamartín facendo a ruta do Camiño de Inverno a Santiago en bicicleta

28.06.2018.- O próximo 1 de xullo comeza en Madrid a segunda Edición da Gaes Pilgrim Race, unha experiencia lúdico-deportiva para percorrer o Camiño de Santiago en bicicleta. Unha aventura, que terá lugar entre os días 1 e o 7 de xullo e na que participarán 170 persoas. Ao noso concello chegará o día 5 de xullo con chegada de ruta, noite e saída ao día seguinte. Este ano entre os participantes estarán a montañeira, Edurne Pasabán entre outros recoñecidos atletas, actores e músicos que suman a esta iniciativa.
Un recorrido que ten como obxectivo unir o deporte e as experiencias do Camiño ata lograr llegar a la meta en Santiago de Compostela. La Gaes Pilgrim Race discurre por el llamado Camino de Invierno. “Un trazado máxico de exuberante natureza, co tranquilo rumor do Sil e o encanto de rincóns e lugares que fan desta, unha terra única”, tal e como o describen desde a organización nos seus comunicados de prensa. As tres últimas etapas faranse por Ourense, Lugo, Pontevedra e A Coruña, ata chegar a meta, a Praza do Obradoiro en Santiago.
Este ano a GAES Pilgrim Race colabora co programa “Universo Muller” do Consello Superior de Deportes para promover o fortalecemento da muller e a súa evolución persoal dentro da sociedade a través dos valores do deporte feminino. Contan cun equipo de mulleres formado por 50 deportistas entre as que se atopan mulleres tan recoñecidas como Edurne Pasaban a primeira muller no mundo que subiu os catorce oito miles (os catorce picos máis altos do mundo).
Son unha caravana de 250 persoas, entre equipo de produción e corredores. Unha caravana comprometida co deporte de competición, pero tamén co deporte inclusivo e de experiencia.

Parada en Vilamartín o día 5 de xullo

Na quinta xornada, o 5 de xullo, a Gaes Pilgrim Race chegará a terras galegas procedente da localidade leonesa de Astorga. Despois de 116 quilómetros os Pilgrim pararán en Vilamartín de Valdeorras.
O día 6 de xullo a etapa será entre Vilamartín de Valdeorras e Chantada, 93 quilómetros entre terras de Ourense e Lugo.
Dende Chantada, o día 7 de xullo, a Gaes Pilgrim Race fará a súa última xornada, poñendo o broche final a esta experiencia cando cheguen á Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela, meta e soño dos peregrinos que fan o camiño Xacobeo.

Máis información sobre a Gaes Pilgrim Race en:
www.pilgrimrace.es

AS ETAPAS POR GALICIA SERÁN:

- 5ª Etapa, día 5 de xullo: Astorga a Vilamartín de Valdeorras León / Ourense
6ª Etapa, día 6 de xullo: Vilamartín de Valdeorras a Chantada
Ourense / Lugo
7ª Etapa, día 7 de xullo Meta final Chantada a Santiago de Compostela
Lugo/Pontevedra/A Coruña

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.