Unha nova renovación de alumeado público permite un aforro dun 70 por cento na factura municipal

22.12.19.- O Concello de Vilamartín está comprometido coa eficiencia enerxética e o aforro no alumeado público. Os cambios que se están levando a cabo permiten aforrar entre un 60 a 70 por cento na factura da luz municipal. Ademais o aforro tamén se estende á gastos de persoal xa que as novas luces LED teñen maior duración e polo tanto non haberá que facer obras de cambio de bombillas e outras avarías relacionadas. Os traballos de eficiencia enerxética xa se levan feito en varios pobos con subvencións anteriores e agora continúase a traballar, a piques de rematar, nesta ocasión cun presuposto duns 180.000 euros dos que o concello aporta o 20 % por cento da inversión e o resto vai por conta do IDAE. Para facer esa renovación de luces normais por outras máis eficientes tipo LED, elaborouse un “proxecto de renovación parcial do alumeado público do concello”. No informe aparecían os lugares a facer os cambios nos núcleos de: O Robledo, Cernego, San Vicente de Leira, Valdegodos, Arcos, Valencia de Sil, e Vilamartín de Valdeorras (zonas O Bañadoiro e Rúa Carmen Padilla).

En total estase procedendo ao cambio dunhas 546 luminarias situadas en vías públicas destas localidades e amplíase o sistema de alumeado ata chegar a un total de 553 puntos de luz. Ademais tamén se procede ao cambio de 12 cadros eléctricos adaptados ao novo sistema así como cableado novo en varios puntos. Todo isto permitirá un aforro moi importante non só no que se paga dende o concello polo consumo senón tamén suporá unha rebaixa importante nos custes de traballo do persoal do concello.

Os traballos de renovación rematarán a finais deste mes en todos os puntos marcados no proxecto inicial e que contan con subvención.

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.