09.05.19.- O voluntario que leva a biblioteca, Amancio Delgado Álvarez, é unha mente inquieta que sempre anda argallando cousas para o noso concello. Nesta ocasión está poñendo en marcha unha maqueta a escala 1:10.000 de todo o concello de Vilamartín. Empezou hai uns meses e aínda ten traballo para moito tempo. O obxectivo é montar unha maqueta que cando estea rematada porá verse a orografía do concello a escala e localizar cada pobo na mesma. A base de todo este traballo artesán é un mapa do instituto xeográfico.
Amancio Delgado Álvarez fai un chamamento para que se unan colaboradores a este traballo manual. Busca xente que lle bote unha man para imprimir, recurtar e pegar anacos de fieltro verde que van dando forma a cada curva de nivel. Para el o voluntariado “nos tempos que corren é moi importante. Poñer en valor a cultura dun pobo”. Proba desta filosofía son os catro anos que leva de voluntario levando a biblioteca municipal. O seu traballo foi motivo de agradecemento no pleno de repaso de actividades do concello, onde a concelleira de Cultura, Amparo Rodríguez, deulle as grazas pola gran labor feita durante toda a lexislatura e así consta na acta desa sesión.