Varias rúas do concello cambiarán de nome ou terán un novo

Mapas das tres zonas onde cambiarán ou haberá novos nomes de rúas

08.10.20.- Na sesión plenaria do mes de setembro, un dos puntos da orde do día, foi a adxudicación de nomes a viais que non tiñan ata agora nomenclatura e tamén se propuxeron cambios para outras. As zonas nas que se fixeron as modificacións foron no núcleo urbano de Vilamartín, no pobo de Córgomo e tamén no de Valdegodos. Entre as novas denominacións está a homenaxe a un alcalde da vila fusilado no ano 1936: Augusto Sierra Rodríguez. Esta nova rúa estará na localidade de Valdegodos, un tramo da estrada que conecta esta localidade con Córgomo.

Os novos nomes e os cambios de otros poden consultarse neste listado e tamén ver nas fotos que se publican nesta información.

CAMBIO DENOMINACIÓN VÍAS:
1. Núcleo: Córgomo
Denominación antiga vía: Carretera Valdegodos-Vilamartín
Nova denominación da vía: Rúa Valsadal
Desta vía tamén se realizará un renumeración dos tramos para adecuar as parcelas ao indicado no PXOM.

2. Núcleo: Valdegodos
Cambio de nome da vía: Carretera Valdegodos-Vilamartín
Esta vía divídese en dúas:
1. Carretera Valdegodos
2. Rúa Augusto Sierra Rodríguez
Debido a variación dos tramos polo cambio de denominación realizarase unha renumeración dos viais.

VÍAS DADAS DE ALTA:

1. Núcleo: Vilamartín
Denominación vía pública: Rúa Dos Segadores

2. Núcleo: Córgomo
Denominación vía pública: Rúa San Lourenzo

3. Núcleo: Córgomo
Denominación vía pública: Calexón de San Lourenzo

4. Núcleo: Córgomo
Denominación vía pública: Rúa Puxeiros

5. Núcleo: Córgomo
Denominación vía pública: Rúa Do Agro

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.