Vilamartín agradece o apoio ao Camiño de Inverno por parte de Ponferrada en Fitur

17.01.18.- Hoxe na Feira de turismo Fitur en Madrid houbo un acto de promoción do Camiño de Inverno onde estiveron presentes alcaldes da recentemente constituída Asociación de Concellos do Camiño de Santiago. O Concello de Ponferrada decidiu dedicar unha parte do seu stand promocional ao Camiño de Inverno para que todos os visitantes teñan a oportunidade de coñecelo nesta feira internacional de turismo. Por parte do alcalde de Vilamartín, Rique Barreiro, que asistiu ao acto inaugural como rexedor e vicepresidente da asociación de concellos, agradece o apoio prestado por parte do Concello berciano a un camiño que en gran parte percorre as catro provincias galegas para chegar a Santiago. Indicou que “é de agradecer que se preocupe por impulsar esta ruta e axudarnos a promocionala”.

   

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.