Vilamartin, como concello pequeno, terá horario amplio para sair a pasear e facer deporte

Subliñado nun recadro negro a ampliación de horario por ser municipio de menos de 5000 habitantes

Mañá sábado día 2 de maio será o primeiro día no que se permitirá saír a pasear e facer deporte dentro do Estado de Alarma pola COVID-19. Esta primeira fase, coñecida como Fase 0, permite sáir a pasear e facer deporte pero sempre tendo en conta que a enfermidade continúa activa e que temos que tomar todas as medidas de precaución posibles. Manter a distancia de seguridade de 2 metros entre paseantes, levar máscaras e lavar as mans con frecuencia son algunhas das recomendacións.
No caso dos concellos de menos de 5000 habitantes O HORARIO DE SAÍDA SERÁ DE 6 DA MAÑÁ ATA AS 23 HORAS sen ter necesidade de facer horarios partidos segundo sexan nenos, persoas maiores ou deportistas.

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.