
18.11.20.- O noso concello continúa con casos de coronavirus Covid-19 aparecendo onte un novo positivo que fai subir a 5 os afectados por esta enfermedade. Dende o pasado 22 de outubro que se acadaron os 14 casos foran descendendo ata deixar a este concello en 4 casos dende hai unha semana. Pero no día de onte notificouse dende as autoridades sanitarias que apareceu un novo caso.
Lembramos que dende o concello prestamos toda a axuda posible ás persoas enfermas que o precisen. Os voluntarios de Protección Civil están levando a cabo varias funcións entre as que se atopan as de desinfección de zonas afectadas.
Solicitamos non baixar a garda e manter todas as medidas hixiénico-sanitarias activas para evitar os contaxios. Ante calquera dúbida poden chamar ao concello en horario de oficina e tamén ao número gratuito sobre a Covid-19 para toda Galicia: 900 400 116