Xornadas Coñece Valdeorras, coñece a Florencio en Córgomo e outros puntos da comarca

12.11.18.- O Proxecto As Letras de Florencio do que forma parte este concello, pon en marcha unha serie de conferencias e actividades en torno á figura do poeta. Trátase do derradeiro acto do ano para o gran público e haberá actividades na Rúa, no Barco e en Córgomo (Vilamartín).

  

As Xornadas Coñece Valdeorras, coñece a Florencio empezarán o xoves día 15 na Adega A Coroa na Rúa. Nesta primeira sesión farase un pequeno percorrido pola historia da Valdeorras de preguerra, pola vida do poeta e polo labor que o Instituto de Estudios Valdeorreses levou a cabo para que todo Valdeorras recuperase a figura do poeta. Falarán nesta primeira actividade: Félix García Yáñez, Elva Delgado Vázquez e Aurelio Blanco Trincado.

Na sesión do venres 16 ofrecerásenos unha análise do labor literario e cultural que Florencio  levou a cabo ao longo da súa vida. A actividade farase na Casa Grande de Viloira (O Barco) e estarán presentes:

-Víctor Fernández Freixanes. Catedrático de lingua e literatura galega e Presidente da Real Academia Galega.

-Xesús Alonso Montero. Catedrático de lingua e literatura española e membro da Real Academia Galega.

-Camilo Valdehorras. Catedrático e profesor da Universidade de Barcelona

-Ricardo Gurriarán Rodríguez. Doutor en historia e biógrafo do autor

Despois deste acto darase paso ao arte da man de Roi Domínguez que inaugurará a exposición Verbena: unha colección de debuxos feitos con viño. Este artista tamén foi o convidado a deseñar o cartel das xornadas, feito sobre unha fotografía real do poeta na derradeira visita a Córgomo.

O sábado día 17 de novembro na Adega Santa Marta en Córgomo farase o peche dos actos. Para iso contan cun percorrido e análise da obra que deu a coñecer ao poeta, Bebedeira, da man de Xulio Pérez Veiga e Ricardo Gurriarán Rodríguez. Pecharán o acto coa actuación do cantautor Anxo Rei, quen ten dedicado  un disco ao poeta (Fronteira de Cegoñas) e co nomeamento do novo Irmán Maior desta Irmandade:  Ángel Fernández ex-presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses.

Como remate de todas as actividades ofreceranse varias degustacións de viño nas que participarán: Adega A Coroa, Adega Roandi, Adega Eladio Santalla e a Adega Santa Marta.

Tamén  haberá un roteiro histórico cultural o sábado día 17 con saída de Córgomo pasando por Arcos, Portela e regresando de novo a Córgomo no que se coñecerá a historia dos lugares do noso redor.

Video sobre lembranzas

Por outra parte, ponse en marcha unha recollida de anécdotas, recordos ou historias que os veciños e veciñas de Valdeorras queiran contar sobre o poeta e que transformará a produtora Sintelobos nun pequeno vídeo de recordos. Haberá sets de rodaxe nos lugares de celebración das Xornadas e en distintos lugares. Se algún veciño/a quere poñerse en contacto coa organización pode facelo a través do 667 42 73 00 ou no correo electrónico do proxecto: asletrasdeflorencio@gmail.com

 

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.