A Xunta subvenciona un sistema de calefacción para a vivenda de persoas desfavorecidas

25.09.17.- O Concello de Vilamartín tentando interpretar o sentimento de solidariedade  e compromiso dos veciños procedeu a instalar unha hidroestufa de pellets nunha vivenda de propiedade municipal destinada a persoas desfavorecidas.

O proxecto está feito a través da concesión dunha axuda do INEGA -  XUNTA DE GALICIA para a realización de proxectos de equipamentos técnicos de biomasa para ano 2017. A subvención cofinanciada polo fondo Europeo de Desenvolvemento rexional, no marco do programa operativo  FEDER Galicia 2014-2020, foi de 3.281,47 euros dun investimento total de 4.544,41 €.

Desta maneira conséguese o obxectivo de proporcionar unha vivenda digna e con calefacción para as familias que destine o estado e que xestiona a Cruz Vermella.

  

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.