Aberta a circulación a estrada de Penouta danada polas últimas treboadas

13.07.17.- A estrada de Penouta  sofreu, a uns 400 metros á entrada do pobo,  danos durante as fortes treboadas do mes de maio o que obrigou ao seu corte ao tráfico case totalmente. As obras de reparación que se levan feito nos últimos días permiten que a partir desta tarde, do día 13 de xullo, xa se poida circular por ela con seguridade. As fortes treboadas con trombas de auga atascaron e romperon as tubaxes soterradas que había nese tramo. As obras empezaron hai sete días, despois de obter o permiso de urxencia e seguir as indicacións de Confederación Hidrográfica Miño-Sil para facer a reparación. As novas tubaxes instaladas son de 2x2 metros interiores e a obra realizouse alugando maquinaria pesada e o resto do traballo fíxose con material e persoal do Concello. En total este gasto non previsto supón unha inversión duns 12.000 €. Despois desta primeira fase do traballo aínda quedan por facer os elementos de protección da zona e o rego asfáltico, traballo que se fará despois dun tempo de espera para que o terreo se asente.

     

   

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.