As actividades de multideporte contan este ano con subvención da Deputación

     05.10.17.- Esta semana comezaron as actividades deportivas no pavillón municipal na zona do Bañadoiro. A actividade de multideporte contará este ano cunha subvención do 25% do custe total por parte da Deputación de Ourense.  Os máis cativos poderán exercitarse todas as semanas, os luns e mércores de 18:00 a 20:00 horas. Os rapaces de 8 a 14 anos realizarán actividades relacionadas co fortalecemento xeral do corpo e tamén exercicios relacionados co fútbol sala. Ademais do multideporte para os pequenos tamén están en marcha a práctica do fútbol sala para os maiores, as clases de pilates e as de baile de salón.

 Dende a Concellería de Deportes animan a participar a todos os cidadáns nas actividades deportivas para ter unha vida saudable. Ao mesmo tempo solicitan que se coide o material e as instalacións para que todos poidan disfrutar das actividades nun entorno coidado.

 

 

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.