As actividades deportivas para os rapaces empezarán o día 3 de outubro no pavillón municipal

21.09.18.- A Concellería de Deportes xa ten lista a programación deportiva ata final de ano para os máis pequenos da casa. O fútbol sala e as actividades de multideporte faranse os mércores e venres no Pavillón Municipal de Deportes no Bañadoiro. Establecen un mínimo de 8 número de asistentes para levar a cabo estas actividades e falta de asistencia pode levar a suspensión da mesma. O próximo 3 de Outubro será o momento de empezar estas actividades. No primeiro día os rapaces recibirán unha serie de documentación que os pais terán que cubrir e devolver asinada ao monitor.

Por outra parte comunícase aos adultos solicitantes das instalacións do Pavillón Municipal e do Centro Santa Lucía que unha vez pechado o prazo para solicitar o uso das instalacións empezarán a adxudicar, por orde de chegada das demandas, o uso das mesmas. Nos próximos días contactarán coas persoas responsables de cada solicitude.

Actividades e horarios para os rapaces a partir do 3 de Outubro

Mércores

Horario: 18 a 19 horas

Actividade: Fútbol Sala

Idade: 7 a 12 anos

Venres

Horario:  18 a 19 horas

Actividade:  multideporte

Idade:  6 a 13 anos

Horario: 19 a 20 horas

Actividade: Futbol sala

Idade: 7 a 12 anos

 

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.