26.03.17.- O Día Internacional da Muller tivo a súa celebración retrasada en Vilamartín. A Asociación de Mulleres Rurais de Córgomo organizou onte, 25 de marzo, unha comida no restaurante Paladium de Vilamartín na que reuniu a máis de 100 mulleres. Participaron no evento 46 mulleres da asociación de Córgomo, 10 da de Arcos, 9 de Veigamuiños, 18 de Éntoma, 20 de Viloira e 8 de A Veiga. Tamén asistiron dúas directivas da Federación de Mulleres Rurais de Ourense FEMURO: a presidenta Mª Isabel Garrido Blanco e a vicepresidenta Elsa Pajarín Picos. Antes de xantar, as asociacións fixeron homenaxes a varias mulleres senlleiras de cada colectivo. No caso da asociación de Córgomo homenaxearon a dúas veciñas: Anita Fernández e Ofelia Delgado . A xuntanza rematou cun baile amenizado pola charanga Terras do Bibei.
Máis de 100 mulleres reuníronse nun hotel de Vilamartín
Ofelia e Paquita da Asociación de Córgomo recibiron unha homenaxe
2.000 euros recadados para a campaña de Biopsia Líquida
Dende a Asociación de Mulleres Rurais de Córgomo recadaron, coa venda de rifas, un total de 2.000 euros para participar na campaña de micromecenazgo para a investigación sobre a biopsia líquida. Un proxecto para mellorar os tratamentos do cancro que o oncólogo vilamartinés Rafael López presentou a comezos de marzo no Barco.