Aberto o prazo de presentación de contas e informe do 2016 das asociacións e solicitude de novos proxectos a subvencionar

25.02.17.-A Concellería de Participación Cidadá solicita a todas as asociacións deste Concello que presenten as contas do ano 2016 xunto a un informe das actividades realizadas. Rogan que ao mesmo tempo lles fagan chegar  a memoria e orzamento para os proxectos que desexen realizar neste 2017. Esta información que lles solicitan e imprescindible para poder optar ás axudas que se conceden neste municipio e a colaboración do mesmo nos seus proxectos.

Renovación de datos das asociacións

Dende esta concellería lembran a todas as asociacións, e outras entidades inscritas, a obrigatoriedade de remitir ao Concello unha certificación do número de socios. Un trámite que deberán facer no primeiro trimestre de cada ano. Por outra banda tamén indican que calquera modificación de datos que se produza nunha entidade debe ser comunicada nas dependencias municipais ao mes seguinte de que se produza.

 

O concelleiro, Pablo Deramond (primeiro pola esquerda), responsable da área de participación cidadá

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.