Catro días de festas do San Xurxo

18.04.18.- O Concello de Vilamartín homenaxeará ao seu patrón con 4 días de festa que está a organizar unha comisión de festas. As actividades festeiras empezarán mañá venres coa actuación do grupo La Banda de Mazinger. No resto dos días actuarán as orquestras Grafitti,  Fania Blanco Show e Marbella. As actividades complétanse o sábado con fútbol sala, e inchables e unha obra de teatro que será o domingo por un cambio de última hora, xa que estaba no programa previsto para o sábado.  

O luns 23 será festivo  local na vila e ao día seguinte celebrarase a feira mensual con actividades de reciclaxe no recinto feiral.  Durante estes días haberá tamén unha exposición de Florencio Delgado Gurriarán no Centro Santa Lucía. A exposición pecharase o fin de semana que ven e que estará aberta pola tarde de 16:30 a 18:30 horas.

    

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.