O concello busca apoio en Medio Rural para que as novas plantacións de viñedo teñan medidas que eviten as escorrentías para non danar os terreos e as estradas

A chegada das choivas de outono fan pensar de novo nun problema que xera gastos ás arcas municipais e degrada os terreos de viñedos, xerado polo cambio no xeito de traballar as fincas. Coas choivas a terra destas fincas é arrastrada e invade as estradas e camiños públicos tendo que proceder a súa limpeza para evitar accidentes e atascos nas beirarrúas. Dende o Concello enviaron un escrito á Consellería de Medio Rural para preguntar se existe algunha maneira de que nos permisos de plantación que conceden se inclúa a aplicación de medidas de prevención da erosión do terreo, xa que dende o concello non teñen capacidade para decidir neste tema. O rexedor, Rique Barreiro, indica que “as escorrentías xeran gastos ao concello e tamén degrada os terreos de plantación. Xa hai xente que o está empezando a ver que se empobrece a capa fértil e intenta poñerlle solución”. Dende o concello son conscientes de que a viticultura é un motor económico da comarca e queren buscar solucións para mellorar. De momento o escrito enviado a Medio Rural aínda non tivo contestación.

-Cambio no xeito de traballar tradicional

No informe elaborado polos técnicos municipais e enviado a Medio Rural tentase explicar o problema para que se axude dende esta entidade. Explicase que as novas plantacións de viña están feitas dun xeito distinto ao tradicional para aproveitar máis o terreo e traballar dun xeito máis mecanizado. Isto fai que se cambie o sentido no que se labra a terra para plantar a viña. Antes facíase en sentido perpendicular as curvas de nivel, iso xeraba que as augas de treboadas ou choivas fortes non fixeran arrastre nos terreos. No informe aluden a que se está ampliando o marco de plantación para facilitar a mecanización. Este aproveitamento maior do espazo, e a plantación en sentido vertical, provoca que a choiva non teña amparo no terreo e faga arrastres cara as zonas máis baixas que soen coincidir cos camiños. Ademais para abrir os regos de plantación os tractores necesitan máis espazo e están usando as estradas como unha zona de manobra o que provoca roturas no asfaltado cos arados.
A zona de Córgomo unha das máis afectadas
Cando as choivas fortes caen e arrastran a terra ás estradas o concello ten que investir en limpeza destas zonas para evitar accidentes e atascos nas beirarrúas e canalizacións. Iso xera un gasto ás arcas municipais pero tamén un empobrecemento paulatino das fincas. “Algúns viticultores están empezando a plantar algúns tipos de herbáceas para tentar conter o arrastre, están vendo o problema e tentan poñerlle solución” explica Barreiro.
Este problema afecta especialmente a zonas como a de Córgomo, na estrada do Mazo, a estrada do Balsadal e a zona dos Pensos. Nestes lugares as limpezas despois de choivas fortes están sendo continuas o que xera moitos gastos.
Dende o organismo municipal piden axuda a Medio Rural porque é este organismo o que concede os permisos para novas plantacións, arrinques e reestruturación de viñedos. Solicitan que os traballos de adecuación dos terreos á nova plantación inclúan medidas para previr a degradación do solo e o respecto ao entorno paisaxístico no que se encadra. Piden tamén que se informe aos viticultores desta problemática e se lles aporte solucións para evitar esta degradación de terreos.

-A zona de Córgomo unha das máis afectadas

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.