Cultura

A vida cultural de Vilamartín é moi activa durante todo o ano. A axencia de lectura “Abade Ruíz de Padrón” e as festas patronais do San Xurxo, Santa Lucía e a María Magadalena forman parte da programación e actividade fixa anual.  Pero non é o único que ofrecemos nesta localidade porque a actividade amplíase  a cada momento coas numerosas actuacións que preparan os grupos de teatro, a coral de Vilamartín e a Escola de gaitas de Córgomo.  Sen esquecer os talleres de confección e construción de libros, talleres de papiroflexia e as proxeccións de cine.

En datas sinaladas como o Nadal e os meses de verán non esquecemos aos máis pequenos da casa e preparamos  o Vilanadal e o Vilaverán con múltiples xogos e entretementos.

Invitamos a todos os veciños a participar en todas en cada unha das actividades que organizamos durante todo o ano, as que xa lle vimos contando, e outras como o Entroido, o Magosto, o Día das Letras Galegas e a festa das Covas.

 

 

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.