A demanda de vivenda con terreo aumenta en todo o concello

12.02.18.- O programa de intermediación para a creación dunha lista de casas en alugueiro e  venda no municipio está aberto a todos aqueles que queiran facilitar que persoas interesadas en vivir no noso Concello poidan facelo. O rexedor, Rique Barreiro, indica que “nós ofrecémonos como simples transmisores desta información  para facilitar as cousas xa que sabemos que hai moita xente que busca para vivir no noso Concello”. O grupo de goberno conta que hai xente interesada en casas con algo de terreo e que se houbera máis oferta estaría totalmente cuberta. Explican que nos últimos anos vendéronse unhas 17 vivendas no municipio e a demanda segue activa.  Dende o grupo de goberno incluso animan a construtores a buscar terreos e construír este tipo de vivendas porque “cremos que hai demanda suficiente e pode ser un bo negocio e un xeito de aumentar a veciñanza”. Lembra que en caso de emprender esta idea “loxicamente sempre achegándose ao Concello e consultando as normas urbanísticas de cada zona”.

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.