Deporte

A Concellaría de Deportes, ocio, tempo libre e xuventude ten como obxectivo primordial promover e apoiar o deporte no noso concello.

Atopámonos, no centro da comarca de Valdeorras, e polo noso medio natural con montañas e ríos ofrécenos o entorno perfecto para facer múltiples actividades deportivas ao aire libre: rutas de sendeirismo, btt, descenso, piragüismo, atletismo, etc.

E tamén dispoñemos de instalacións deportivas na zona do Bañadoiro, o pavillón polideportivo, o campo de fútbol e as piscinas ao aire libre á beira do río Sil, que nos permiten practicar deportes nun medio axeitado.

As actividades multideportivas como as  clases de Pilates, ximnasia de mantemento, zumba e os eventos deportivos como a “Travesía a nado 2015”; “Día da Bici”; “Carreira-andaina popular Festas San Xurxo”e o “Torneo Fútbol Sala” son exemplos de participación dos habitantes de Vilamartín para manterse sans e divertirse.

Agradecemos a todos os veciños e veciñas, asociacións e empresas deste concello toda a súa axuda desinteresada nestas actividades xa que grazas a eles fan posible que a actividade deportiva en Vilamartín estea máis viva ca nunca e en fase de crecemento constante.

 

 

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.