A Deputación iniciará as obras de arranxo provisional da estrada de San Vicente e sacará a concurso a regularización do firme

O deputado de cooperación entre a Deputación de Ourense e os concellos, Pablo López, visitou no día de onte, 1 de xuño, a estrada de San Vicente. Estivo acompañado polo enxeñeiro xefe da deputación para ver “in situ” as obras a realizar. A semana pasada o presidente da Deputación, José Manuel Baltar, comprometeuse co alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez Barreiro, a iniciar traballos de regularización do firme e ensanche da estrada.

 

Deputado, Pablo López, visitando a estrada de San Vicente acompañado polos veciños

Recheo de zonas afundidas na estradade San Vicente  e limpeza derrube en Robledo

A visita serviu para confirmar o tipo de obras que se poden realizar na zona de xeito inmediato e as que se concederán a unha empresa.  Deste xeito a deputación vai enviar nestes días maquinaria para empezar o recheo as zonas afundidas e despois a regularización do firme será concedido este traballo a unha empresa. Os escombros para recheo sacaranos da estrada do Robledo que leva varios meses cortada por un derrube. Deste xeito solucionarase o atranco deste outro vial da zona.

Estes son os primeiros pasos á espera de que se aprobe o proxecto definitivo que se atopa en fase de avaliación ambiental. Unha vez aprobado, a deputación saberá cal é o orzamento total e as cantidades que se asignarán, probablemente, en varias fases.

Unha semana de trámites coa Deputación de Ourense

O inicio das obras na estrada, que se levan demandado en tantas ocasións, levan detrás unha semana de contactos. Negociacións que comezaron o pasado día 27 de maio  cando se incluira unha moción do grupo socialista no pleno da deputación esixindo unha modificación de crédito para arranxar este acceso ao pobo de San Vicente. Ante esta petición, o grupo popular presentou unha emenda na que se comprometía a deputación a “executar as obras necesarias para garantir a accesibilidade en condicións de seguridade ao núcleo de San Vicente de Leira".

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.