O día 5 de agosto celebrarase unha nova edición da Festa das Covas de Vilamartín

25.07.17.- Unha nova edición da Festa das Covas de Vilamartín xa está en marcha. A data será o próximo día 5 de agosto a partir das 20:30 horas. O prezo da entrada será de 12 € que da dereito á degustar viños e pinchos en máis de corenta e cinco covas da zona. Como cada ano a organización porá autobuses gratuítos dende A Rúa e O Barco a partir das 19:40 horas da tarde e despois a volta ás 3 da mañá.

Para ir facendo boca os coveiros celebrarán a súa propia festa chamada  “a pequena” na tarde do venres, día 4. O pregoeiro deste ano, Aurelio Trincado, presidente do IEV (Instituto de Estudios Valdeorreses) será o encargado de abrir a festa coas súas palabras de louvanza á festa e o viño. Ese día tamén haberá unha festa da auga e unha homenaxe aos coveiros. 

     

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.