Lembrando o magosto

04.11.19.-O mal tempo  fixo que os organizadores, A Asociación de Coveiros de Vilamartín en colaboración con Concello,  tivera que a trasladar a celebración do magosto da praza Xosé Lois Núñez ao Centro Sociocultural Santa Lucía. Pero iso non impediu que numerosas persoas, do municipio e doutros puntos da comarca  se achegasen para desfrutar desta tradicional celebración de outono. Ademais das castañas asadas tamén se degustou panceta e bolos preñados. A celebración completouse co concurso de postres que tivo moitos participantes. Entre os gañadores houbo unha tarta de chocolate e castañas.

Aquí deixamos algunhas fotografías amosando a festa e a degustación de todos os manxares...

     

Undefined

Tags: 

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.