31.08.19.- O fin do mes de agosto conleva tamén o remate das actividades do Vilaverán no noso concello. Durante dous meses máis de 100 rapaces, en diferentes quendas, puideron xogar e aprender cos técnicos e voluntarios do campamento estival. Ademáis tiveron experiencias inolvidables como o día coa protectora de gatos da zona, excursións a espazos do noso concello, aprenderon a construir caixas de reciclaxe e ata axudaron a decorar as rúas e mantelas limpas.
21.08.19.-En poucos días faranse públicas as bases legais do II Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán, de momento e como adianto presentannos o cartel deste ano. Trátase dun deseño moi especial no que a organización fai unha dobre homenaxe, por un lado elixen como imaxe unha escultura feita polo Primeiro Irmán Maior do Proxecto, o corgomés, Anxo Baranga. Por outra parte o texto que lle serve de fondo é o texto do gañador do premio da edición anterior, Jorge Moral.
09.08.19.- Este verán un grupo de voluntarios comandados polo arqueólogo, Santiago Ferrer volveron a rescatar do esquecemento un dos castros máis senlleiros da comarca de Valdeorras. Na localidade de Valencia do Sil existe un xacemento que se descubriu fai agora 50 anos polo grupo dos Escarbadores e medio século despois volve rexurdir para “tratar de poñelo en valor”, explica Santiago Ferrer.
31.07.19.- O Concello de Vilamartín asinou neste fin de do mes de xullo un convenio ca Consellería de Política Social para formar parte do programa “ Xantar na casa”. Con este convenio poderase atender a persoas maiores en situación de dependencia. No caso de Vilamartín uns 10 veciños poderán ser atendidos, recibindo apoio nas súas casas ademais de axuda na súa alimentación diaria.
10.07.19.- Un ano máis comezaron as actividades de Vilaverán no mes de xullo. Nesta primeira quincena están participando nas actividades un total de 18 nenos/as de entre 4 a 12 anos. Están atendidos por 2 monitores e 3 voluntarios que durante toda a semana organizan actividades diferentes adaptadas ás idades dos participantes.
Para a segunda quincena e tamén para o mes de agosto aínda poden inscribirse rapaces. Poden inscribirse por semanas e quincenas achegándose ao casa consistorial e formalizando a inscrición.
04.07.19.- A corporación municipal empezou o seu traballo e constituíuse a través de sesión plenaria celebrada esta semana. Ademais aprobouse a periodicidade dos plenos que serán cada dous meses ás 13:30 horas e fíxose público quen se encargará de cada concellería. A continuación presentamos cada concelleiro do grupo de goberno:
21.06.19.- Comeza o verán e ábrese o prazo para apuntarse nas actividades de Vilaverán. Xogos e obradoiros que cada ano fan as delicias dos máis pequenos da casa. As follas para apuntarse e as taxas están dispoñibles na casa do concello. As prazas son limitadas.
15.06.19.- Esta mañá constituíuse a nova corporación do Concello de Vilamartín. Despois de crear a mesa de idade procedeuse á votación para elección de alcalde. A votación foi 5 votos a favor de Enrique Álvarez Barreiro, cabeza de lista polo Partido Socialista de Galicia. Unha vez gañada a elección procedeuse á proclamación de alcalde e o seu discurso. Nel marcou os catro piares do proxecto político do seu grupo para esta lexislatura:
11.06.19.- Durante o día de hoxe procedeuse ao asfaltado da praza e rúa principal de Portela. A obra levaba varios meses de traballos para poder cambiar e renovar toda a rede de saneamento e pluviais desta localidade. Ademais da creación de beirarrúas novas para esta poboación emblemática.
04.06.19.-O Concello de Vilamartin vai mellorar con fondos propios o alumeado exterior e interior do pavillón deportivo municipal que está no Bañadoiro. A concelleira de Deportes en funcións, Eva Arias, anunciou que xa chegaron as luminarias para poder instalalas nos próximos días.