O Concello convoca unha praza de albanel e outra de peón forestal para traballar ata fin de ano

12.06.20.- O concello de Vilamartín convoca dúas prazas para contratar traballadores. Unha será para un albanel e outra para un peón forestal. Os contratos serán de 6 meses por obra.
O prazo para presentar as solicitudes no rexistro do Concello estará aberto ata o día 19 de xuño.
Debido a urxencia da contratación, o prazo de presentación de instancias será de CINCO días hábiles seguintes ós da publicación da presente Convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, no Taboleiro de Edictos e sede electrónica do Concello, https://vilamartindevaldeorras.sedelectronica.gal/

As puntuacións e a lista de admitidos, lugar, día e hora de celebración da práctica publicaranse no taboleiro de edictos do Concello e na sede electrónica do Concello, https://vilamartindevaldeorras.sedelectronica.gal/

FUNCIÓNS DO ALBANEL

O albanel terá contrato ata o 31 de decembro de 2020 e as súas funcións serán:
- Traballos ou obras de albanelería, fontanería, soldadura, carpintería, electricidade, pintura e encofrado.
-Efectuar labores de reparación en infraestruturas municipais como rede de auga,
alumado público, equipamento urbano e edificios municipais.
- Labores de xardinería.
-Limpar fachadas, eliminando pintadas e retirando carteis. Realizar así mesmo outros labores de acondicionamentos da vía pública como roce, retirada de pancartas e reposición ou reparación de elementos en mal estado, tanto na vía pública como en dependencias municipais.
-Recoller, cargar e descargar materiais, así como realizar labores de almacenamento do
mesmo.
- Traballos varios a realizar dentro da súa categoría profesional en relación con actividades culturais, deportivas e de programación festiva.
- Manexar a maquinaria e vehículos de obras para a execución de traballos encomendados na vía pública ou para o transporte ou manipulación de cargas.
- Condución de vehículos da Brigada de Obras.
- Responsabilizarse do material de traballo que manexe.
- Adecuarse ás esixencias, que con carácter ocasional e en termos de flexibilidade horaria, suscite o cumprimento do programa de traballo establecido e as necesidades do servizo valoradas polo seu responsable superior.
- Calquera outra función, ademais das descritas, acordes coa cualificación requirida para o acceso e desempeño do posto, que puidesen xurdir dentro da área da súa competencia e que lle sexan encomendadas polos seus superiores xerárquicos.
A persoa que preste este servizo deberá ter medio de transporte persoal, para realizar as tarefas propias do cargo.

FUNCIÓNS DO PEÓN FORESTAL

O peón tamén terá un contrato por obra ou servizo para o 31 de decembro do 2020 e as súas funcións serán:
* Realizar os traballos de limpeza de maleza e xardinería, e outros relacionados con tarefas de prevención de incendios.
* Manter a maquinaria que utilicen en perfecto estado de conservación.
* Mellorar o acceso público onde estea permitido limpando os camiños forestais.
* Limpar emprazamentos, plantar árbores, a súa poda e outras labores de mantemento.
* Realizar labores de regadío, aplicar insecticidas e tarefas de drenaxe así como de colocación de vallas.
* Todas aquelas inherentes o seu posto de traballo e que a Alcaldía lle asigne.

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.