As obras, nun concello rural como é este, abarcan gran parte do traballo do día a día. Limpar os camiños, manter as estradas en orde, acondicionar espazos públicos para o goce de todos os veciños forman parte do traballo que pon en marcha este concello. Pero tamén está a tramitación e negociación de obras como as dos Plans Provinciais para lograr melloras no noso entorno.
Algúns exemplos do traballo diario son:
- A compra dun brazo de limpeza de beirarrúas , unha das últimas adquisicións do concello para poder manter o máis limpas posibles as beiras dos camiños e vías de circulación deste concello.
- Obras nos espazos públicos , como por exemplo: o arranxo da fonte de Correxais.
- Temas como cambiar de lugar un poste eléctrico que está no medio dunha estrada, supón negociacións de moito tempo. O poste da estrada de Valdegodos xa está cambiado.
Galego