Obras de ampliación da estrada de Valdegodos a Córgomo

24.02.17.- A ampliación da estrada de Valdegodos a Córgomo formaba parte dos obxectivos do programa socialista e agora están cumprindo o prometido. O  alcalde, Rique Barreiro, explica que por esa zona pasea moita xente e “había momentos nos que os peóns tiñan que meterse no monte e o mesmo pasaba para cruzarse dous coches, polo que esta obra era moi importante facela”.

As obras empezaron hai un par de semanas con maquinaria do Concello e apoio puntual de máquinas máis grandes externas. O rexedor conta que non hai partida orzamentaria prevista pero que se incluirá nos orzamentos deste ano que se están elaborando. Rique Barreiro relata que de momento “imos facer a caixa, abrir o espazo necesario, e así tanto os peóns como os coches poderán ter máis espazo aínda que non estea asfaltado”.

Agradecer a colaboración veciñal

O grupo de goberno quere agradecer aos veciños a total colaboración que están ofrecendo para poder levar a cabo as obras en todo o trazado. “Están cedendo os terreos sen problema e están encantados con que se faga a obra, unha colaboración que agradecemos” conta o rexedor. 

       

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.