Preocupación ante a falta de cobertura dunha praza de médico do Centro de Saúde por xubilación dun dos facultativos

26.07.17.- O Centro de Saúde de Vilamartín conta na actualidade con dous médicos pero a partir do 9 de agosto un deles vaise xubilar sen que, de momento, se teña noticia de que se vaia a cubrir a súa  praza. O que implicaría que o centro quedaríase cun solo médico para atender a toda a poboación. Esta situación xera unha gran preocupación no grupo de goberno que dirixe Rique Barreiro.O Concelleiro de Sanidade, Pablo Deramond,  iniciou fai tres meses as consultas pertinentes sobre este tema co xerente do CHUO e da área sanitaria, Dionisio Bellido. Tamén se reuniu fai un mes coa Directora Asistencial para manifestarlle a preocupación do grupo de goberno pola situación futura deste Concello cun solo médico. Deramond explica que “hai case uns 1.500 pacientes neste concello onde hai unha gran cantidade de poboación envellecida e sen esquecer que temos dúas residencias de anciáns no municipio con máis de 300 persoas ás que atender”.  Ademais recorda que o concello conta cunha gran dispersión poboacional con 14 núcleos rurais e distancias importantes de desprazamento que dificultan  os servizos médicos a domicilio. Uns argumentos que o responsable de Sanidade explica que foron atendidos polos directivos responsables deste tema que manifestaron que serán tidos en conta á hora de tomar unha decisión. Ademais destes contactos tamén trasladaron a súa gran preocupación a outros concellos veciños. Todos interesados en colaborar nos problemas sanitarios da comarca e que son ben coñecidos pola poboación valdeorresa.    

Esperas polas vacacións

Mentres se agardan noticias da cobertura desta praza nestes días estanse dando retrasos na atención médica que no teñen que ver con este tema. Dende o concello explican que estes problemas puntuais débense a que, no verán, no se sustitue ao médico que está de vacación. Polo que si o que está traballando ten que desprazarse a unha urxencia domiciliaria, acompañar na UVI móbil ata o hospital de O Barco, etc, o retraso na atención no centro de saúde é inevitable. 

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.