
Neste mes de agosto temos confirmado o primeiro caso de Covid-19 no verán. Trátase dunha persoa en Valencia do Sil. Solicitamos a máxima precaución e adoptar todas as medidas sanitarias precisas. Por parte do concello xa se fixo unha desinfección desta zona no mesmo día que obtivemos confirmación e tamén comunicamos a todos os veciños a través das redes sociais:
"ATENCIÓN VECIÑOS!!!!.... dende Sanidade acaban de informarnos de que temos un positivo por COVID-19 no pobo de Valencia do Sil, nestes momentos, o persoal autorizado está efectuando un rastrexo epidemiolóxico. Pola nosa parte xa activamos o protocolo pertinente e solicitamos a axuda dos membros de protección civil, quen nas próximas horas procederán á desinfección integral do pobo.
Así mesmo informámoslles que no Concello estamos á súa disposición para calquera consulta ou necesidade que poida xurdir con relación a este tema. Pedimos a súa colaboración para atallar este problema o antes posible, polo que deben extremar as precaucións e seguir as recomendacións sanitarias: levando mascarillas cada vez que saian da casa, lavando as mans frecuentemente evitando xuntarse con outr@s veciñ@s, ata que remita a situación de alerta actual. Apelamos a responsabilidade e o sentido común, para evitar novos contaxios. Moitas grazas pola vosa colaboración, xuntos sairemos adiante."