Reunión dos veciños de Penouta co alcalde de Vilamartín para falar de temas do seu pobo

03.06.16.- O alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez Barreiro, reuniuse onte cos veciños do pobo de Penouta. A celebración deste “concello veciñal” serviu para que os habitantes desta localidade demandaran limpeza das estradas e dos camiños. Tamén falaron do arranxo da pasarela peonil que os une coa zona do Bañadoiro.Outro dos temas tratados foi a cesión dos terreos para a construción dunha fosa séptica e a xestión das augas residuais.

A celebración destes encontros cos veciños véñense facendo nas diferentes localidades de Vilamartín de Valdeorras. Dende o grupo de goberno socialista lembran que calquera veciño ou asociación veciñal pode solicitar a celebración dun “concello veciñal” para tratar temas que afecten ao seu pobo.

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.