Os servizos sociais comunitarios, constitúen o punto de acceso normalizado e o primeiro nivel de intervención do sistema galego de servizos sociais.(art. 9 da Lei 13/2008, do 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia)
Garanten:
-
O dereito de acceso universal ao sistema galego de servizos sociais nos termos recoñecidos no artigo 5 da Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia.
-
A proximidade ás persoas usuarias e ás súas familias.
-
O carácter integrador e coordinado de toda intervención social realizada con persoas ou grupos diversos.
-
A intervención social personalizada nun contorno normalizado e, cando sexa o caso, a prescrición técnica para a derivación ao servizo social especializado máis idóneo ou a outros sistemas de protección social.
-
A prevención comunitaria dos problemas sociais.
-
A promoción e organización da solidariedade social na comunidade en que actúan.
RECURSOS HUMANOS
O Concello de Vilamartín de Valdeorras conta con unha traballadora social no horario de mañá de Luns a venres de 8 a 15 horas.
PROGRAMAS E SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS BÁSICOS NO CONCELLO DE VILAMARTÍN DE VALDEORRAS
Os servizos sociais comunitarios básicos desenvolverán as súas funcións, de maneira estruturada, por medio dos programas e servizos seguintes: |
En materia social ás persoas, grupos ou á comunidade en xeral, que se desenvolverá en todas as entidades locais titulares de servizos sociais comunitarios de Galicia. |
Ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas ou familias no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, para facilitar o seu desenvolvemento persoal e a permanencia no seu medio habitual, especialmente naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía ou noutras situacións de risco social para as cales resulte un recurso idóneo. |
Integra o conxunto de proxectos e servizos de apoio educativo e psicosocial dirixidos ás familias, co obxectivo de detectar, previr e superar as situacións de dificultade, especialmente as eventuais situacións de maltrato infantil ou calquera outra desprotección, así como promover procesos de cambio que favorezan un adecuado exercicio das responsabilidades familiares, a mellora da autonomía, da integración e da participación social das familias e unidades de convivencia. |
Procura valorar, dar resposta ou derivar ao recurso idóneo as persoas en situacións ou risco de exclusión social, aplicando tanto proxectos de intervención social personalizados ou de grupo como prestacións económicas específicas. Inclúense nesta categoría os proxectos expresamente dirixidos ao desenvolvemento, promoción e integración da comunidade xitana e outras minorías étnicas. |
Facilita a participación comunitaria en tarefas colectivas, impulse o asociacionismo solidario e, en especial, a organización e coordinación do voluntariado social. |
Desenvólvense programas e facilítase o acceso das persoas ós recursos sociais existentes nas seguintes áreas:
DEPENDENCIA
· Valoración e recoñecemento da situación de dependencia.
· Elaboración do PIA/seguimento do PIA.
· Axuda no fogar do SAAD.
· Transporte adaptado 065.- Servizo Galego de Apoio a Mobilidade Persoal-
· Teleasistencia Domiciliaria.
· Xestión do PAR do SAAD (Programa de Asignación de Recursos).
· Apoio a Coidadores.
· Programa de Respiro Familiar en Balnearios “Cuidarelax”.
· Estadías temporais en servizo residencial.
DISCAPA CIDADES:
· Pensión non Contributiva de Invalidez
· Complemento de Terceira Persoa
· Prestacións derivadas da LISMI
· Fondo de Asistencia Social-enfermidade
· Complemento para titulares de PNC que residan nunha vivenda alugada
· Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA)
· Axudas de inclusión social (AIS)
· Centros de atención a persoas con discapacidade (IMSERSO, CCAA, Concertados)
· Ingreso en centros para persoas con discapacidade
· Recoñecemento do grao de discapacidade
· Programa de Acollemento Familiar de persoas con discapacidade
· Estadías temporais en servizo residencial ou de supervisión e apoio puntual
· Prazas xuvenís e de inclusión (discapacidade) no programa Campaña de verán-2015 Programa de Vacacións IMSERSO - COCEMFE 2015 para persoas con discapacidade
· Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2015 Programa de Respiro Familiar
· Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal
DROGODEPENDENCIAS:
- Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA)
- Axudas de inclusión social (AIS)
- Derivación a recursos especializados: UCA (Unidade de Condutas Aditivas do Sergas), Proxecto Home, BEDA.
INCLUSION SOCIAL:
-
Protocolo para a entrega de alimentos ás familias en situación de vulnerabilidade e con menores
-
Derivación Equipos de Inclusión Social da Xunta de Galicia.
MIGRACIÓNS:
- EMIGRANTES NO EXTERIOR:
- Prestación por razón de necesidade (ancianidade e incapacidade) a favor dos españois no exterior
- Axudas asistenciais extraordinarias para españois no exterior
- Axudas asistenciais individuais para os galegos no exterior
INMIGRACION:
EMIGRANTES RETORNADOS:
- Axudas destinadas a atender situacións de extraordinaria necesidade dos españois retornados (MTAS)
- Pensión asistencial por ancianidade para españois de orixe retornados (MTAS)
- Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA)
- Axudas extraordinarias a emigrantes galegos/as retornados/as (S.X. Emigración)
FAMILIA E INFANCIA:
· Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos
· Estadías nas residencias de tempo libre
- Adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3
- Servizo de axuda no fogar
- Adopción
- Acollemento Familiar
- Programa de apoio a familias monoparentais
- Puntos de Encontro Familiar
- Mediación Familiar
- Lecer saudable e termalismo na provincia de Ourense.
- Avaliación e tratamento terapéutico de menores en situación de risco ou desamparo
- Gabinetes de Orientación Familiar
- Equipos do Menor
- Atención a menores en situación de conflito social
- Servizo de Educación e Apoio Familiar
- Derivación GOF (Gabinete de Orientación Familiar)
MAIORES:
· Pensión non contributiva de xubilación
· Fondo de Asistencia Social-Terceira Idade.
· Complemento para titulares de PNC que residan nunha vivenda alugada
· Axudas sociais de carácter extraordinario a favor de pensionistas de PNC, FAS e SGIM
· Ingreso en Centros Residenciais.
· Centros Sociocomunitarios do Benestar
· Centros de Día
· Acollemento familiar para persoas maiores
· Reencontros na terra para residentes no exterior
· Programa de Turismo Social para maiores do IMSERSO
MULLER:
· Axuda económica para mulleres vítimas de violencia machista.
· Prestacións periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia sexista.
· Intervención social con vítimas de violencia sexista.
· Centros de Información e Asesoramento da Muller
· Centros de Acollida e Vivendas Tuteladas
· Residencias de adolescentes embarazadas
· Centros de atención a mulleres soas con cargas familiares
· Centros de Emerxencia para mulleres vítimas de violencia sexista (CEMVI)
· Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia Sexista. (CRI)
· Servizo telefónico de Atención e Protección para vítimas da violencia sexista. (ATENPRO)
· Intervención social con vítimas de violencia sexista.
Situacións de emerxencia social
O concello de Vilamartín de Valdeorras co obxecto de paliar situacións de emerxencia social que se puidesen producir no seo de familias ou veciños deste concello, está por en marcha unha serie de axudas puntuais que poidan contribuír a paliar en parte esa terrible situación. Nesta situación, podemos ofrecer:
- Obter praza nunha dasresidencias da Fundación Valdegodos, grazas a un convenio, por un tempo definido.
- Habilitase a existencia de nichos mortuorios para casos de familias con carencia de recursos.
- Tamén se incluíu nos orzamentos unhas axudas económicas e un regulamento que as regula.