nadal

Sete postais participaron no concurso online de Nadal

cartel coas postais concursantes

23.12.20.- O noso concurso de postais online tivo sete participantes. Queremos agradecer a todos eles o esforzo de enviar os debuxos e querer participar no noso concurso. Tamén estamos moi agradecidos pola participación dos nosos seguidores na rede social Facebook que foron os encargados de votar a postal gañadora. Finalmente a gañadora foi a postal da nena, Lucía Martínez, que será a nosa felicitación de Nadal nestas datas.

¡¡BO NADAL A TODOS E MOITA PRECAUCIÓN¡¡

Galego

Postais de Nadal en redes sociais e cartas a Papá Noel e aos Reis Magos

09.12.20.- Este ano será un Nadal diferente e dende a Concellería de Cultura intentan que os nenos continúen participando en actividades propias destas datas como son as postais e a carta aos Reis Magos ou Papá Noel. Por unha parte esta semana púxose en marcha a actividade de Postais de Nadal que se poden enviar por privado ao Facebook do Concello. O prazo é ata o día 20, nese día publicaranse todas e os fans da páxina votarán a que máis lle guste ata o día 23.

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.