Este venres teremos obra de teatro infantil con monicreques. A actuación farase no Centro Social Santa Lucía ás 17,30 horas. Para poder asistir teñen que facer reserva previa chamando ao concello no teléfono 988 30 00 01. A entrada é gratuita pero é obrigatorio facer a reserva como medida de prevención da transmisión da Covid-19.
24.04.17.- O salón do Centro Cultural Santa Lucía acolleu o sábado, día 22, a representación teatral “O consultorio médico” posto en escena polo grupo de teatro Xaime Prada. A obra recibiu o aplauso de máis de 150 persoas que encheron a sala para apoiar aos actores desta agrupación da vila e tamén para colaborar coa campaña de micromecenado da investigación sobre a Biopsia Líquida (nova proba para acelerar os diagnósticos de cancro). As entradas custaban 3€ e toda a recadación vai ser destinada á entidade Oncomet que leva acabo esta investigación.
10.10.2016.- O Concello de Vilamartín colaborou na posta en marcha dun obradoiro de técnicas de realización de murais que permite deixar unha obra escultórica para a vila. Unha paisaxe de viñedos, montañas e dúas mulleres cargando cestos de uvas na cabeza conforman este mural que o escultor arxentino Carlos Moreyra realizou a través do obradoiro que impartiu nas últimas semanas de setembro no noso concello. Neste traballo tamén participaron o mestre Leonardo Corazza e a artista Laura Duben, xunto coas alumnas Carmen Álvarez e Carina Rodríguez.