vida

A obra escultórica mural “As uvas da vida” xa forma parte de Vilamartín

Galego

10.10.2016.- O Concello de Vilamartín colaborou na posta en marcha dun obradoiro de técnicas de realización de murais que permite deixar unha obra escultórica para a vila.  Unha paisaxe de viñedos,  montañas e dúas mulleres cargando cestos de uvas  na cabeza conforman este mural que o escultor arxentino Carlos Moreyra realizou a través do obradoiro que impartiu nas últimas semanas de setembro no noso concello. Neste traballo tamén participaron o mestre  Leonardo Corazza e a artista Laura Duben, xunto coas alumnas Carmen Álvarez e Carina Rodríguez.

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.