correxais

Asfaltado completo da estrada de Correxais para mellorar o seu estado

Undefined

05.04.19.- Esta semana comezaron os traballos de dobre tratamento na estrada de Correxais. A chegada do mal tempo paralizou as obras ata que mellore. Este vial levaba máis de 20 anos sen un traballo completo de reforma polo que o concello pediu axuda á Deputación para poder reparala. Neste caso explicou, Rique Barreiro “despois de dous anos logramos poñer en marcha o proxecto”.  A concello redactou o informe e a Deputación asumiu o custe dos traballos por valor de 48.000 euros.

Un proxecto de construción dunha pista perimetral no pobo de Correxais funcionaría como cortafogos

Undefined

31.07.17.- O incendio que afectou na fin de semana á zona de Valencia do Sil e Correxais fai lembrar a necesidade de manter limpas as fincas preto das vivendas e tamén un proxecto de hai un par de anos, precisamente, para o pobo de Correxais. A idea era a construción dunha pista de terra que rodearía toda a poboación e que fixera tanto de cortafogos como de zona de paso para facerlle fronte a un incendio. O proxecto non foi adiante pola falta de entendemento con algúns veciños para ceder terreos que se necesitaban para este tema.

Rematado o Camiño das Soutelas en Correxais con fondos europeos

Galego

18.10.16.- O camiño das Soutelas no pobo de Correxais está arranxado a través dunha subvención que conseguiu o Concello de Vilamartín.  A axuda de 43.033 € procedente dos fondos europeos Feader (Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento do Rural) estaba destinada á mellora de camiños de acceso a  explotacións agrarias. Neste caso as beneficiarias son dúas granxas de gando vacún e caprino da localidade de Correxais.

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.