con

Obra de teatro infantil este venres con reserva previa de asistencia

Cartel da actuación deste venres

Este venres teremos obra de teatro infantil con monicreques. A actuación farase no Centro Social Santa Lucía ás 17,30 horas. Para poder asistir teñen que facer reserva previa chamando ao concello no teléfono 988 30 00 01. A entrada é gratuita pero é obrigatorio facer a reserva como medida de prevención da transmisión da Covid-19.

Galego

Rematado o Camiño das Soutelas en Correxais con fondos europeos

18.10.16.- O camiño das Soutelas no pobo de Correxais está arranxado a través dunha subvención que conseguiu o Concello de Vilamartín.  A axuda de 43.033 € procedente dos fondos europeos Feader (Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento do Rural) estaba destinada á mellora de camiños de acceso a  explotacións agrarias. Neste caso as beneficiarias son dúas granxas de gando vacún e caprino da localidade de Correxais.

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.