02.11.20.- Este ano a carreira para recaudar fondos para a loita contra o cancro de páncreas será virtual. A coñecida como "Carreira das Cidades" busca continuar coa recaudación dun xeito distinto debido á situación pola Covid-19. Os interesados teñen que inscribirse na web www.carreracancerpancreas.es e despois participar do 19 ao 22 deste mes de novembro. Os fondos que se recaudan na Carrera das Cidades son destinados a becas para a investigación do cancro de páncreas.
18.10.18.-Na Biblioteca temos novas adquisicións das que podedes disfrutar achegándovos ao Centro Santa Lucía. Son novos títulos que adquirimos a través de subvencións da Xunta de Galicia. Así ampliamos a nosa biblioteca.
No pdf que adxuntamos podedes consultar as novidades.
14.09.18.- Obras en dous pobos do concello, San Vicente e Córgomo, así como o arranxo dun vial de comunicación foron os destinatarios dos fondos do remanente de tesoureira. Uns fondos propios que tamén deron para os arranxos das instalacións da piscina, como xa se relatou noutra información desta web municipal. Na Praza do Fondo do Enxortedo e no muro de contención da igrexa en San Vicente investíronse 15.500 euros.
19.08.18.- Neste verán as piscinas municipais non puideron estar abertas ao inicio da tempada pola orde de peche que Sanidade impuxo ata que se fixeran as obras necesarias no recinto. As piscinas abríronse ao público ao comezos do mes de agosto unha vez feitas as remodelacións tanto na zona de vestiario e baños como nos propios vasos contedores da auga. As obras tiveron retraso porque se estivo agardando subvencións que finalmente non chegaron e o concello decidiu botar man dos fondos do remanente de tesouraría para poder executalas.
24.04.17.- O salón do Centro Cultural Santa Lucía acolleu o sábado, día 22, a representación teatral “O consultorio médico” posto en escena polo grupo de teatro Xaime Prada. A obra recibiu o aplauso de máis de 150 persoas que encheron a sala para apoiar aos actores desta agrupación da vila e tamén para colaborar coa campaña de micromecenado da investigación sobre a Biopsia Líquida (nova proba para acelerar os diagnósticos de cancro). As entradas custaban 3€ e toda a recadación vai ser destinada á entidade Oncomet que leva acabo esta investigación.
05.04.17.-Este domingo o Concello de Vilamartín continuará coa campaña de recadación de fondos para a campaña de micromecenado da proba de Biopsia Líquida. Nesta ocasión será cunha sesión deportiva, o zumba solidario. As entradas están á venda no concello a un prezo de 5 euros e tamén se poderán adquirir o propio domingo antes de empezar a actividade.
O Zumba solidario farase na Rodeleira o domingo, día 9, ás 13 horas e haberá varios agasallos que empresas da vila e tamén do Barco están doando para os participantes.
02.03.17.-A Asociación Mulleres Rurais de Córgomo están poñendo en marcha unha campaña para recadar fondos para axudar a levar a adiante o proxecto de Biopsia líquida unha técnica experimental que permite saber en 24 horas, e cunha análise de sangue, o estado no que se atopa un tumor.
18.10.16.- O camiño das Soutelas no pobo de Correxais está arranxado a través dunha subvención que conseguiu o Concello de Vilamartín. A axuda de 43.033 € procedente dos fondos europeos Feader (Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento do Rural) estaba destinada á mellora de camiños de acceso a explotacións agrarias. Neste caso as beneficiarias son dúas granxas de gando vacún e caprino da localidade de Correxais.