participara

Vilamartín participará na campaña “Valdeorras en negro” contra a violencia e o maltrato

18.11.2016.- O Concello de Vilamartín participará nos actos do Día Internacional para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres que este ano se farán en varias localidades da comarca baixo o título “Valdeorras en negro”. Haberá actividades que se levarán a cabo nos catro concellos colaboradores desta campaña: O Barco, A Rúa, Vilamartín e Petín e ademais cada un deles terá actos propios. O obxectivo é facer máis visible o problema do maltrato e crear conciencia do problema na sociedade valdeorresa.

Galego
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.