02.07.18.-O día 11 temos no noso concello a oportunidade de doar sangue para todos aqueles que o precisan. Teremos a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia diante da igrexa. Animádevos a participar porque sempre o podemos necesitar e ademais "Ti dás o tipo".
14.11.17.- O Concello de Vilamartín colabora na campaña da Cruz Vermella: “Por un Nadal feliz para todos”. A actividade está centralizada na casa consistorial coa colaboración de Protección Civil da vila. O horario de recollida é de nove da mañá a dúas da tarde.
23.12.16.-O Concello de Vilamartín recolleu máis de 100 quilos de comida nesta primeira fase da campaña solidaria na que están colaborando. A maior parte foi recollida pola Asociación de Mulleres Rurais de Córgomo. Nestes días os membros de Protección Civil están recollendo a primeira fase das doazóns. A campaña segue aberta ata o día 3 de xaneiro para alimentos non perecedoiros e xoguetes.
PUNTOS DE RECOLLIDA activos ata o día 3 de Xaneiro
05.12.16.- O concello colabora cunha campaña de recollida de alimentos e xoguetes para as persoas máis necesitadas nestas datas próximas ao Nadal. Están marcados dous puntos de recolecta de alimentos non perecedoiros e tamén de xoguetes para os máis pequenos. Solicitan colaboración a todos os veciños para axudar aos que o necesitan.
18.11.2016.- O Concello de Vilamartín participará nos actos do Día Internacional para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres que este ano se farán en varias localidades da comarca baixo o título “Valdeorras en negro”. Haberá actividades que se levarán a cabo nos catro concellos colaboradores desta campaña: O Barco, A Rúa, Vilamartín e Petín e ademais cada un deles terá actos propios. O obxectivo é facer máis visible o problema do maltrato e crear conciencia do problema na sociedade valdeorresa.