23.12.20.- O tren de Papá Noel percorrerá na tarde do día 24 varias localidades deste concello para desexarlle unhas boas festas a todos os veciños. Para manter as normas de seguridade Covid-19 o tren non parará en ningún lugar, nin se poderá manter contacto cos ocupantes. A caravana partirá as catro da tarde e percorrerá as rúas centrais de varios pobos, entre eles o casco urbano,San Miguel, Valdegodos, Córgomo, Portela e Arcos. Ademais de visitar as dúas residencias de anciáns da localidade.
18.11.20.- O noso concello continúa con casos de coronavirus Covid-19 aparecendo onte un novo positivo que fai subir a 5 os afectados por esta enfermedade. Dende o pasado 22 de outubro que se acadaron os 14 casos foran descendendo ata deixar a este concello en 4 casos dende hai unha semana. Pero no día de onte notificouse dende as autoridades sanitarias que apareceu un novo caso.
16.09.20.- Este venres remata a segunda campaña de escavación do colectivo Sputnik Labrego no Castro de Valencia do Sil. Este mércores, día 16, entregaron no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense todo o atopado tanto nesta campaña como na anterior. Para rematar a estadía na zona queren amosar a todos os veciños da comarca o que descubriron nestes 15 días de traballo. Para elo farán unha xornada de visita o sábado 19 de setembro ás 10 da mañá. As explicacións faranse en grupos de 10 persoas para seguir as medidas de seguridade da Covid-19.
O Concello de Vilamartín terá un horario diferente nesta fase de desescalada da enfermidade do Coronavirus. Ao ser un concello de menos de 5.000 habitantes non terá que facer horarios partidos para que poidan sair a pasear e facer deporte os diferentes grupos de poboación.
16.03.20.- O equipo de goberno do Concello de Vilamartín creou un grupo de axuda para facer fronte ás urxencias e necesidades que poidan xurdir nesta alerta sanitaria polo virus Covid-19. Está dirixido a todas aquelas persoas que precisen comprar comida ou medicamentos e non teñan posibilidades para desprazarse. Tamén para axudar ante unha urxencia que xurda. Só teñen que chamar ao: 679 84 68 79.
Na sesión plenaria celebrada o día 30 de xaneiro aprobouse unha moción presentada polo grupo municipal socialista solicitando unha solución para o acceso ao pobo de San Vicente.
04.07.19.- A corporación municipal empezou o seu traballo e constituíuse a través de sesión plenaria celebrada esta semana. Ademais aprobouse a periodicidade dos plenos que serán cada dous meses ás 13:30 horas e fíxose público quen se encargará de cada concellería. A continuación presentamos cada concelleiro do grupo de goberno:
09.05.19.- O voluntario que leva a biblioteca, Amancio Delgado Álvarez, é unha mente inquieta que sempre anda argallando cousas para o noso concello. Nesta ocasión está poñendo en marcha unha maqueta a escala 1:10.000 de todo o concello de Vilamartín. Empezou hai uns meses e aínda ten traballo para moito tempo. O obxectivo é montar unha maqueta que cando estea rematada porá verse a orografía do concello a escala e localizar cada pobo na mesma. A base de todo este traballo artesán é un mapa do instituto xeográfico.
15.02.19.- O pleno de Vilamartín aprobou onte por unanimidade unha moción na que se pide a derogación da Lei 8/2008 de Saúde de Galicia. Ademais solicitaron dotar de maiores recursos e persoal aos centros médicos e ao hospital comarcal. A sesión plenaria extraordinaria tamén fixo repaso aos traballos levados a cabo durante o 2018 en cada concellería. Todos os concelleiros tiveron palabras de agradecemento durante os seus repasos aos voluntarios que aportaron a súa colaboración en varios traballos do concello e en protección civil.