vilamartin

Vilamartín abre o prazo de presentación de solicitudes de axudas por nacemento

05.07.18.- A orde pola que se regula a concesión de axudas para os novos nacementos neste concello durante todo o 2018 xa está publicada. Os pais de nenos/as nacidos dende o 1 de xaneiro de 2018, e todos aqueles que nazan ata que acabe o ano, poden solicitar esta axuda nos Servizos Sociais do concello. Alí ofreceranlle toda a información para facer os trámites necesarios.

Undefined

A II GAES Pilgrim Race, chegará a Vilamartín facendo a ruta do Camiño de Inverno a Santiago en bicicleta

28.06.2018.- O próximo 1 de xullo comeza en Madrid a segunda Edición da Gaes Pilgrim Race, unha experiencia lúdico-deportiva para percorrer o Camiño de Santiago en bicicleta. Unha aventura, que terá lugar entre os días 1 e o 7 de xullo e na que participarán 170 persoas. Ao noso concello chegará o día 5 de xullo con chegada de ruta, noite e saída ao día seguinte. Este ano entre os participantes estarán a montañeira, Edurne Pasabán entre outros recoñecidos atletas, actores e músicos que suman a esta iniciativa.

Galego

Unha delegación xaponesa coñeceu o Camiño de Inverno ao seu paso por Vilamartin

01.06.18.-Unha delegación de varias institucións niponas percorreron nestes días o Camiño de Inverno empezando en Ponferrada e chegando a Vilamartín o día 30 de maio. O alcalde, Rique Barreiro, foi o encargado de atendelos ao seu paso pola vila e ensinoulles parte do trazado desta vía de peregrinación polo territorio vilamartinés.

Undefined

O alcalde de Vilamartín iniciará un encerro no Concello como medida de presión para o arranxo da estrada de San Vicente

06.03.18.- A estrada pertencente á Deputación de Ourense leva sufrido nos últimos días graves derrubes que acentúan o estado de ruína no que xa se atopaba. O rexedor leva sete anos tentando buscar unha solución co organismo provincial a un vial que leva case 25 anos de problemas polo mal estado.  Ante a falta de actuacións e dado que o problema se agravou nos últimos días, esta tarde convocouse unha rolda de prensa no pobo de San Vicente no que se anunciaron medidas de presión.

Undefined

Instalada a segunda válvula redutora de presión en Vilamartín centro para garantir o abastecemento de auga e controlar o consumo

24.02.18.- Esta semana  instalouse a segunda válvula redutora de presión na parte baixa de Vilamartín pobo para mellorar o sistema de abastecemento nesta parte da vila. Os traballos comezaron no mes de xaneiro coa colocación dunha primeira válvula no depósito de auga que abastece ao centro urbano. Este sistema permite reducir a forza da presión coa que baixa a auga dende o depósito vello á rede de abastecemento. Deste xeito con menos presión rebaixarase o nivel de avarías que se viñan producindo por esta causa nas tubaxes vellas de fibrocemento.

Undefined

Vilamartín recibiu aos membros da Asociación de Concellos do Camiño de Inverno na reunión de inicio de actividade desta entidade

02.02.18.- O Concello de Vilamartín, que ocupa a vicepresidencia da Asociación de Concellos do Camiño de Inverno, recibiu esta semana ao resto de socios para continuar na montaxe desta nova entidade. Na reunión, celebrada o luns 26 de xaneiro,  estiveron presentes alcaldes e representantes de 19 dos 23 concellos asociados entre Galicia e o Bierzo.
Undefined

Vilamartín agradece o apoio ao Camiño de Inverno por parte de Ponferrada en Fitur

17.01.18.- Hoxe na Feira de turismo Fitur en Madrid houbo un acto de promoción do Camiño de Inverno onde estiveron presentes alcaldes da recentemente constituída Asociación de Concellos do Camiño de Santiago. O Concello de Ponferrada decidiu dedicar unha parte do seu stand promocional ao Camiño de Inverno para que todos os visitantes teñan a oportunidade de coñecelo nesta feira internacional de turismo.

Undefined

Vilamartín ocupa a vicepresidencia da recen creada Asociación de Concellos do Camiño de Santiago

23.11.17.- O alcalde de Vilamartin, Rique Barreiro, foi elixido esta semana como vicepresidente da Asociación de Concellos do Camiño de Santiago. O acto de constitución desta nova entidade celebrouse en Ponferrada o pasado día 20 e a el acudiron representantes de 14 dos 19 concellos que xa amosaron a súa intención de entrar nesta asociación. Non acudiron máis porque a algúns deles fáltalles levar a pleno a súa adhesión, entre eles A Rúa e Monforte.

Undefined

Vilamartín seguirá contando cun segundo médico segundo o xerente da área sanitaria

07.09.17.- Vilamartín seguirá tendo dous médicos no seu centro de saúde. Así o afirmou esta mañá o responsable da EOXI (Estrutura Organizativa de Xestión Integrada) Ourense, Verín e Valdeorras, Dionisio Bellido,  nunha reunión no Concello. Dionisio Bellido afirmou que a praza do médico que se acaba de xubilar, Valentín Murciego,  vai continuar activa e incluirase no próximo concurso de prazas médicas. Ata ese momento o responsable da EOXI asegurou ao alcalde e representantes dos grupos políticos da oposición que se seguirán cubrindo esta praza.

Undefined

Novidades na biblioteca de Vilamartín

05.09.17.-A biblioteca de Vilamartín conta con novas adquisicións para os seus fondos bibliográficos. Consulta no pdf adxunto a esta información os novos títulos que temos dispoñibles. 

 

PREMER NO SEGUINTE ENLACE PARA VER AS NOVIDADES...

/web2/sites/default/files/A%20Biblio%20informa.pdf

 

Undefined

Páxinas

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.