15.08.17.- O centro de Vilamartín leva dous días con problemas de abastecemento de auga pola utilización indebida da mesma. Os problemas empezaron na noite do domingo ao luns cando se baleiraron os dous depósitos e os veciños estiveron a mañá do luns sen abastecemento. O mesmo problema volveu pasar na noite do luns ao martes. Despois de comprobar que non hai avarías que causen o desperdicio da auga o grupo de goberno, axudado por moitos veciños, está empezando a vixiar onde se pode gastar indebidamente a auga para consumo humano.
26.07.17.- O Centro de Saúde de Vilamartín conta na actualidade con dous médicos pero a partir do 9 de agosto un deles vaise xubilar sen que, de momento, se teña noticia de que se vaia a cubrir a súa praza. O que implicaría que o centro quedaríase cun solo médico para atender a toda a poboación.
25.07.17.- Unha nova edición da Festa das Covas de Vilamartín xa está en marcha. A data será o próximo día 5 de agosto a partir das 20:30 horas. O prezo da entrada será de 12 € que da dereito á degustar viños e pinchos en máis de corenta e cinco covas da zona. Como cada ano a organización porá autobuses gratuítos dende A Rúa e O Barco a partir das 19:40 horas da tarde e despois a volta ás 3 da mañá.
14.07.17.- A partir deste domingo, 16 de xullo, os participantes da proba deportiva en bicicleta de montaña, Gaes Pilgrim Race, percorrerán 725 quilómetros de Camiños de Peregrinación repartidos en 8 etapas. A sexta etapa percorrerá parte do Camiño Francés e entrará en Galicia polo Camiño de Inverno. A data será o 21 de xullo, o próximo venres, e o trazado partirá de Astorga e parará enVilamartín.
09.06.17.- Esta semana os voluntarios de protección civil de Vilamartín colaboraron para deixar en mellores condicións camiños forestais que levaban un tempo cortados por derrubes. Os camiños nos que se traballou están na zona de A Pozaca, e serven de conexión polo monte entre o concello vilamartinés e o de Quiroga, na provincia de Lugo. Nesta paraxe había varios derrubes que impedían o paso e agora xa quedaron actos para o paso con coches todocamiños. De momento fíxose o traballo de arranxo de barrancos e queda pendente o de limpeza da maleza que se fará máis adiante.
02.06.17.- Na sesión plenaria celebrada o día 1 de xuño, a corporación aprobou por unanimidade a adhesión a un convenio coa Deputación para a prestación de asistencia na xestión das instalacións de produción e distribución de augas de consumo humano. O principal obxectivo deste convenio é contar co asesoramento e vixilancia dunha empresa para mellorar a calidade da auga nas estacións depuradoras de Arcos-Valdegodos e Vilamartíncentro.
30.03.17.- Esta tarde o Concello de Vilamartín celebrou unha sesión plenaria na que se aprobaron os orzamentos para o ano 2017. A cantidade total ascende a pouco máis de millón e medio de euros, unha cifra similar a do ano pasado.
26.03.17.- O Día Internacional da Muller tivo a súa celebración retrasada en Vilamartín. A Asociación deMulleres Rurais de Córgomo organizou onte, 25 de marzo, unha comida no restaurante Paladium de Vilamartín na que reuniu a máis de 100 mulleres. Participaron no evento 46 mulleres da asociación de Córgomo, 10 da de Arcos, 9 de Veigamuiños, 18 de Éntoma, 20 de Viloira e 8 de A Veiga.
03.03.17.- Dende hoxe e por períodos de 10 días hábiles, aparece no Portal Web deste Concello, no apartado de "Procedementos en exposición pública", de conformidade co estipulado no artigo 133 da Lei 39/2015 de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administraciones Públicas e máis concretamente no seu punto 1 onde se establece a obligatoriedade con carácter previo á elaboración do proxecto do regulamento ou ordenanza neste caso a sustanciación dunha consulta pública, a través do portal web desta administración para, en todo caso, r
27.12.16.- Un veciño de Vilamartín, apoiado polo concello e varias asociacións, está organizando unha andaina solidaria para despedir o ano dun xeito diferente e comer as uvas o sábado 31, ás 12 do mediodía. A actividade recibiu o nome de “a Silvestrín de todos os pobos de Vilamartín” tal e como explica, Carlos Feás, o organizador base, e pretende que sexa “un paseo para todos os que se animen a vir e que de paso, se poden, traían alimentos para a campaña de recollida que se está facendo no pobo”.