vilamartin

90 participantes na segunda Travesía a Nado Valdeorras disputada nas augas do Sil no Bañadoiro

Galego

25.08.16.-A segunda edición Travesía a Nado de Valdeorras celebrouse o pasado día 20 nas augas do río Sil entre O Barco e Vilamartín. Dúas das tres probas tiveron lugar en territorio de Vilamartín, na área recreativa do Bañadoiro, e reuniron a centos de persoas entre nadadores, acompañantes e público. 90 participantes tomaron a saída para completar os 2.525 metros do recorrido curto e os 5.050 metros do longo, puntuables para o XIII Circuíto Galego de Augas Abertas.

O Concello de Vilamartín colabora co II Silfest lembrando a figura do poeta Florencio Delgado Gurriarán

Galego

19.08.17.- Hoxe ás 20:30 horas celebrarase dentro da segunda edición do Festival Silfest no Barco a primeira competición poética “I Poetry Slam Silfest”. Nela o poeta de Córgomo, Florencio Delgado Gurriarán, terá unha presenza especial segundo nos indican dende a organización do Silfest. Xa adiantan que se repartirán unhas chapas co seu retrato como parte desa homenaxe ao poeta valdeorrés. O Concello de Vilamartín colabora co festival para apoiar esta competición poética e lembrar a figura de Florencio Delgado.

A Ruta das Covas de Vilamartín cumpre 20 anos este sábado

Galego

04.08.16.-A Ruta das Covas de Vilamartín celebrará este fin de semana os seus 20 anos de vida coa apertura de 49 covas. A festa adiantarase a mañá venres, día 5,  para os coveiros e amigos coa celebración da coñecida “Pequena”, unha pequena ruta por algunhas covas, para permitirlle aos coveiros, pasar tamén unha tarde de festa. Empezarán a partir das 18 horas coa IV Guerra das Fontes e a continuación o pregón a cargo do médico, Rafael López López.

A confederación hidrográfica realiza o dragado do río Leira para evitar desbordamentos

Galego

21.06.16.- A Confederación Hidrográfica Miño-Sil realiza as obras de dragado do río Leira para evitar os desbordamentos na súa desembocadura. O alcalde, Enrique Álvarez Barreiro, explicou que levaban varios meses solicitando esta obra para evitar as enchentes que afectaban con moita frecuencia a esta zona do río. Despois de múltiples xestións e informes dos danos ocasionados, a confederación admitiu a súa necesidade, e esta semana comezaron as obras. O dragado afecta á zona final do trazado, na zona do Bañadoiro e pasando por debaixo da estrada N-120 e da vía do tren. 

Aberto o prazo para apuntarse nas actividades do Vilaverán

Galego

17.06.16.- Os meses de vacacións dos máis pequenos da casa van estar cheos de actividades en Vilamartín como a natación, os talleres de cociña, as excursións, o teatro, etc. Para poder participar en todas elas está aberto o prazo de inscrición no concello de 10  a 13 horas. Na casa consistorial terán que encher unha solicitude cos datos e pagar unha cota. Este ano os nenos de familias empadroadas pagarán 40 €/neno e os que non o estean 80 €/neno.

Páxinas

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.